Informámosvos que cos 641€ doados, grazas a toas persoas participantes do Desafío Solidario 2016, durante este ano puidemos axudar a 10 familias a pagar os seus recibos de subministracións
Pagáronse 3 recibos de auga, 6 de luz e comprouse 1 bombona de butano
Evitouse que a tres familias lles córten a subministración
. eléctrica
Persoas afectadas pola crise socioeconómica en xeral (ingresos menores a 500€/mes) en particular:
Maiores con Responsabilidades familiares (maiores de 65 con fillos e netos a cargo máis de 2 membros na unidade familiar)
Persoas de familias con todos membros en paro (ingresos menores a 500€/mes)
Parados longa duración máis de 1 ano en desemprego
Persoas sen fogar
Dende esta entidade intentamos aportar o noso pequeno gran de area colaborando solidariamente con diferentes proxectos ou programas ben promovidos dende a Asamblea Comarcal de Cruz Vermella de Maceda, ou ben promovidos por outras entidades ou organizacións sen fins lucrativos que teñan a solidariedade como obxectivo principal